O eurodiputado Meijer preferiría que a práctica, pola que todos os fabricantes de computadores inclúen unha licenza OEM do Sistema Operativo de Micro$oft xunto co computador, fose abolida.
Ou alomenos, se deran as condicións precisas para que os consumidores podan comprar un computador sen sistema operativo de xeito máis sixenlo.
O eurodiputado preguntou á Comisión referíndose ao recente consello do Globalisation Institute, que defende un mercado libre europeo.
O instituto protesta pola falta de competencia entre sistemas operativos:
A posición dominante de Microsoft no segue o interese público. Limita o mercado e ten freado o desenvolvemento tecnolóxico en prexuizo dos consumidores.
A nova lida aquí cita a esta fonte.
Por certo hai pouco máis dun mes o xulgado número 2 de Hospitalet de Llobregat admitiu a trámite a demanda presentada por un consumidor, Paco Rivière, e que ten que ver con esta nova.
Pódese e merece a pena ler a aventura de Paco, na que nos conta paso paso por paso, (ata as conversas telefónicas con Samsung) dende a compra do seu portátil, os intentos de devolución da licenza de Windows, ata a presentación da denuncia nos xulgados e a notificación de admisión á trámite da demanda.
Podes botar unhas risotadas aqui




Comentarios recentes
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 11 semanas 1 día
hai 11 semanas 3 días
hai 13 semanas 6 días