Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Algunhas cousas que unicamente se poden facer con GNU-Linux


1.- Conseguir, instalar, e manter actualizado un sistema completo, de xeito legal e de balde.

2.- Poder instalar diferentes interfaces gráficas, se a que ven por defecto no sistema non se axusta
as túas necesidades, ou non che gusta.

3.- Ter control total sobre o hardware do computador e a certeza de que non hai portas traseiras no teu
software, instaladas por compañías de software ou gobernos.

4.- Non ter necesidade de desfragmentar o disco fixo.

5.- Probar aplicacións distintas, até decidir cal me gusta ou se axeita as necesidades e desinstalar
as outras coa certeza de que non quedará lixo nun rexistro do sistema que poda ralentizar o computador.

6.- Utilizar o computador sen necesidade de instalar antivirus ou software anti-espia, non ter a necesidade
de reiniciar o computador durante meses.

7.- Personalizar a vontade legalamente, preguntar aos desenvolvedores, propor ideas, participar no proceso
de deseño/programación.

8.- Empregar o mesmo hardware durante anos sen ter a necesidade de substituilo.

9.- Recibir e dar axuda de/a centos de usuarios, expertos ou novatos de balde e desinteresadamente.

10- Ter un escritorio con efectos espectaculares, bastante mellores que os do sistema,
aínda en desenvolvemento Window$ Vi$ta, nun computador con varios anos.

Con algunhas modificiacións o decalogo foi visto aquí

 

Responder


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal