Hoxe, martes 22 de marzo, vótase no Congreso Español a proposta de Lei de Administración
Electrónica.
A lei ten todos os visos de saír aprobada, pero a clave para
obter unha boa lei ou non está en que enmendas das presentadas sexanlle finalmente incluídas e cales non. A priori parece que a posición
do PSOE gobernante sería a de deixar o texto tal e como saíu do
Consello de Goberno e o MAP (Ministerio de Administracións Públicas), mentres que o principal partido da
oposición, o PP non presentou ningunha enmenda sobre
interoperabilidade técnica reseñable.
SÓ DÚAS ENMENDAS
Con todo, hai __DÚAS ENMENDAS__ que os partidos IU, CIU, ERC, BNG
e Cha, ademais dos moitos que temos traballado por mellorar esta proposta
de lei, consideramos que serían clave que fosen adoptadas para
así evitar afastar na exclusión electrónica a unha significativa
parte da poboación e comunidades autónomas.
Ambas son sobre estándares abertos e sobre non discriminación
cidadá pola súa elección tecnolóxica, e pódense ler neste
documento de análise (PDF).
Ademais nestes dous artigos de EstándaresAbiertos.org analizouse o problema en detalle:
aquí e aquí.




Comentarios recentes
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 1 día
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 2 días
hai 11 semanas 1 día
hai 11 semanas 3 días
hai 13 semanas 6 días