Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Nace Urco Editora cunha aposta polo software e as licenzas libres


Hoxe, 20 de decembro preséntase na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela Urco Editora, un proxecto editorial pioneiro en Galicia, que aposta decididamente polo software e a cultura libres. A presentación será hoxe na Rúa do Vilar 19, Santiago de Compostela, ás 20:00.

Segundo afirma a empresa na súa web, todo o proceso de edición dos seus libros faise exclusivamente baixo o sistema operativo GNU/Linux e con programas de código aberto.

A parte do aforro en licenzas, un dos grandes motivos para adopción do Software Libre segundo os seus responsábeis é que o mundo editorial precisa dunha constante innovación e o Software Libre non só permite esta evolución constante senón que obriga a unha permanente renovación.



Urco publicará todas as traducións de textos baixo Creative Commons, xa que consideran absurdo, pouco ético e regresivo o uso das licenzas restritivas de copyright sobre textos que xa se atopan liberados do mesmo.



Fonte.

 

Responder


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal