Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Ogg Theora perde outro combate frente a H.264


A polémica entre o uso de formatos de vídeo abertos para HTML5 nos navegadores volve á actualidade tras a recente aparición da primeira edición preliminar do novo navegador de M$, que aposta por H.264, o formato propietario que tamén foi elixido por Google Chrome e Apple Safari. Parece que o formato Ogg Theora que fora, promocionado por Firefox non ten demasiado futuro tras a decisión de M$, que podería supor o fin desa batalla.

 

Microsoft presiona para descartar Linux na e-escolinha


 Microsoft non quere que o Magalhães, o portátil distribuído nas e-escolinhas (programa de escola 2.0 en Portugal) teña dual-boot, tendo feito presións para que o computador se inicie automaticamente con o Window$, revelou Paulo Trezentos, director técnico da Caixa Mágica, na sua audición perante a Comisión eventual de enquisas a 'Fundação das Comunicações Móveis'; "Microsoft utilizou toda a espécie de pressões para que o Windows iniciasse automaticamente, mas tanto o Ministério da Educação como a JP Sá Couto conseguiram" evitar essa limitação.

 

Xuventude Galiza Net 2010


Xa se puxo en marcha o Xuventude Galiza Net do 2010,  na web do evento podedes ollar toda a información sobre o citado evento que vos pode resultar de interes, así mesmo na web do GLUG podedes encontrar máis información sobre o mesmo.

Vémonos no XGN!!!!
 

Inscríbete a curso para certificación LPIC-1


TEGNIX organiza o curso preparatorio para a Certificación Profesional Junior en GNU/Linux LPI (nivel 1) para superar os exames 101 e 102 cos que se acada a certificación oficial. O curso dará comezo a segunda semana de abril e a matrícula pode realizarse en http://formacion.tegnix.com
 
Prepárate para obter a certificación máis prestixiosa do mundo en Administración de Sistemas GNU/Linux.

 

Inscríbete a curso para certificación LPIC-1


Aberta a inscrición ao Curso Preparatorio para

“Certificación Profesional Junior en GNU/Linux”

ler máis

 

Recuperar ttf-bitstream-vera


Chamoume a atención que na Ubuntu 9.10 Karmic non houbera a fonte Bitstream Vera, precisamente a que empregaba como predeterminada no OpenOffice.org.

 

Recuperar ttf-bitstream-vera


Chamoume a atención que na Ubuntu 9.10 Karmic non houbera a fonte Bitstream Vera, precisamente a que empregaba como predeterminada no OpenOffice.org.

 

Chile usa Sw Libre no seu desastre


Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.

 

Chile usa Sw Libre no seu desastre


Igual co comentado en AGNIX.org polo amigo eniac referido ao terremoto de Haití, agora Chile volve a empregar Sw Libre para controlar o desastre causado polo seu aínda maior tremor.

 

Corea do Norte xa ten a súa propia distribución Linux


O sistema operativo Rede Star pode considerarse estable,a súa posta en marcha é sinxela e a súa instalación leva ao redor de 15 minutos de tempo,cun único idioma como alternativa:o coreano.A interfaz desktop aseméllase a Windows e parece estar baseada nunha recente versión da contorna K Desktop Environment.O navegador está baseado no browser Firefox de Mozilla... ur1.ca/okgy ur1.ca/obpq

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal