Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Comparativa de Virtualización


O sitio Techthrob publicou unha comparación das múltiples solucións de virtualización para o escritorio do usuario común que existen en GNU/Linux. Usando como base Ubuntu 7.10 "Gutsy Gibbon" evalúan (K)QEmu, VMWare Server, VirtualBox e Parallels (o último en chegar á festa). QEmu, VMWare e Parallels están dispoñibles nos mesmos repositorios de Gutsy, mentres que VirtualBox descargouse do seu sitio.

Os resultados son reveladores:

"VMWare e VirtualBox definitivamente quedaron como os claros gañadores. Para o uso individual, onde a habilidade de correr un só escritorio de Windows dentro de Linux é todo o que se necesita, VirtualBox é a miña preferencia. É moito máis pequeno có VMWare, que vén con moitos extras que non son necesarios para o usuario final. Se as súas necesidades son distintas, probalemente queira probar VMWare".

En xeral, a madurez e a estabilidade de de todas estas catro aplicacións é suficiente para dicir que a virtualización no escritorio de Linux está completa. Aparentemente, Sun fixo unha moi boa compra.

Soprendentemente, o gran perdedor foi Parallels: "A comercial Parallels non o fixo tan ben como os seus contendentes. Desde o principio ao final, instalar Windows tomou 27 minutos, ou 180% máis do tempo do que levou a VirtualBox ou VMWare. Isto foi sorprendente e unha desilusión, e unha vez en Windows atopei que o seu rendimento tamén foi pobre".

Fonte da nova.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal