Merquei un disco duro multimedia Differo [1] que semella ser a marca de distribución en España do HMR-700A [2] da coreana Elliot Digital Inc [3].
Mentres fedellaba con el chamoume a atención algún directorio do estilo 'tmpfs', as barras separadoras do estilo *nix, é dicir '/' e cousas así. Polo tanto non foi moita sorpresa conectar vía USB ese disco duro ao meu portátil e atopar directorios montados cos nomes "lost+found" ou até un evidente "LinuxUDF".
Procuro en todo o material que me deron (guía impresa, mini-cd con instrucións...) e nada atopo de GPL, nin de Linux, nin gaitas...
Tras isto consulto con Víctor Salgado (avogado-socio de Pintos & Salgado [4]) e a súa resposta foi clara:
En canto ao asunto que me comentas do Disco Duro, semella evidente outra nova violación da licenza GNU, dado que teñen a obriga de publicar os seus traballos e/ou desenvolvementos con base na mesma e incluíndoa expresamente.
Isto xunteino ao seu traballo que publiquei nesta entrada [5] que inclúe este perágrafo:
"Por exemplo, se se distribúen copias dun destes programas, sexa gratuitamente, ou a cambio dunha contraprestación, débese dar aos receptores todos os dereitos que se teñen sobre a mesma. Débese asegurar que eles tamén reciben, ou poden conseguir, o código fonte do programa. E débense mostrar estas condicións de forma que coñezan os seus dereitos."
Estes feitos foron comentados onte durante a comida de TEGNIX [6] e non houbo unanimidade... Porén tras o que me dixo Víctor Salgado, experto nesta materia, decidín contactar coa empresa coreana para logo decontado dicilo á GPL-Violations [7] nesta mensaxe [8] (contén erros de inglés escrito ás presas).
Veremos como remata a cousa. Teño curiosidade por saber se estou errado ou se hai un novo caso de incumprimento da GPL.
asennadas [9]
[1] http://www.differosystem.com/
[2] http://www.elliondigital.com/eng/product02_1.html
[3] http://www.elliondigital.com/
[4] http://www.pintos-salgado.com/
[5] http://brenlla.blogaliza.org/2008/05/22/condicions-e-limitacions-da-gpl/
[6] http://www.tegnix.com/
[7] http://gpl-violations.org/
[8] http://lists.gpl-violations.org/pipermail/legal/2008-May/001288.html
[9] http://brenlla.blogaliza.org/












Freedom Task Force
Tamén podes poñerte en contacto coa Freedom Task Force, da FSF Europa. Colaboran con gpl-violations.org
Eu acudín a eles cando, hai dous anos, a OpenOffice.org que estaba colgada na páxina de mancomun.org non daba acceso ao código fonte. O problema arranxouse pronto, e foron moi rápidos en responder e actuar.
Saúde.
Tamén foi a FTF
Tamén lle enviei á FTF (ftf@fsfeurope.org) unha mensaxe semellante.
http://brenlla.blogaliza.org
Mantennos informados
;-)