VideoLan VideoConference (VLVC [1]) é un complemento (plugin) para o reprodutor de video VLC [2]. Engade funcionalidades de videoconferencia, capacitando desde 2 a 10 persoas a escoitar e ver cada quen aos demais coa axuda dun computador e unha cámara web.
É SwL con licenza GPL alén de multiplataforma, polo que podes descargar [3] fontes e binarios. Lamentablemente a súa instalación non é trivial e deberás ler os arquivos [4] readme e howto_compile. Tes unha guía de uso [5], outra técnica [6] e unha galería de pantallas [7].
VLVC admite calquera destes modos de uso:
Sala de conversa: cada quen pode escoitar e ver aos demais, cada quen pode falar.
Conferencia: unha persoa transmite aos demais como servidor, é dicir, só unha persoa pode ser escoitada e ollada.
Anfiteatro: é unha versión avanzada do modo "Conferencia" posto que quen administra (servidor) dá ou retira o dereito individual a intervir.
Encontro: similar ao"Anfiteatro" pero coa capacidade de dar ou retirar a capacidade de intervención a varias persoas á vez.
O proxecto naceu no 2003 grazas a un grupo de estudantes da Ecole Centrale Paris [8] e na actualidade novos grupos de estudantes están a xuntarse ao proxecto.
asennadas [9]
[1] http://www.vlvc.net/en-home.html
[2] http://www.videolan.org/
[3] http://www.vlvc.net/en-downloads.html
[4] https://pfe.epitech.net/frs/?group_id=21&release_id=554
[5] https://pfe.epitech.net/frs/?group_id=21&release_id=554
[6] https://pfe.epitech.net/frs/?group_id=21&release_id=554
[7] http://www.vlvc.net/en-gallery.html
[8] http://www.ecp.fr/
[9] http://brenlla.blogaliza.org/












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 6 horas