Os aspirantes a converterse en funcionarios da Xunta de Galicia deben ter instalado no seu ordenador o sistema operativo Windows e o navegador Internet Explorer, porque se non a tramitación do formulario para presentarse a unhas oposicións e o pagamento da correspondente solicitude non chegarán a bo porto.












XADE
Máis grave aínda:
O XADE, que é o sistema que usa o sistema público de ensino para administrar matrículas, calificacións, etc., non funciona co firefox, só co explorer. Consecuencia: Calquera profesor que queira poñe-las notas dos seus alumnos non o pode facer máis que en Window$. Maravilloso. Polo que parece, deron orde á empresa que programa ese sóftware privativo (refírome ao XADE) para que se poida usar desde calquera navegador, mais despois dun ano seguimos igual.
A solución que lle estamos dando no noso centro a isto é a de instalar ies4linux en secretaría e en outros computadores que usan linux. Pero hai problemas:
1) Cando das a abrir un recurso (un documento pdf, por exemplo), non o abre. A solución é darlle a gardar, gardalo nunha carpeta do Escritorio e logo abrir a carpeta e o arquivo. E isto hai que ensinarllo a cada un dos usuarios!
2) O wine e o iexploDer consumen moitísima memoria. Incluso en computadores con 500M de RAM, esgótase con facilidade, co que tira da SWAP, vai lento, lento e o usuario quéixase de que o computador vai lento. Xa sabedes. E ao pechar o iexploDer, non se mata o proceso, nin tampouco o wine, co que non se libera a memoria.
Desolador.