Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Presentada a V Conferencia Internacional de Sw Libre


Vén de presentarse o programa da "V Conferencia Internacional de Software Libre" que acontecerá en Cáceres do 1 ao 3 de decembro de 2009.

Haberá unha atención especial nas solucións para o sector empresarial
nun momento no que as tecnoloxías abertas son unha clara oportunidade.
CENATIC participa como promotor desta Conferencia Internacional de
Software Libre, cuxo lema para este ano é "Novas Contornos, Novas Oportunidades".

Miguel Xaque, director xerente de CENATIC considerou moi acertado "mostrar a través da Conferencia que o software de fontes abertas é unha oportunidade de negocio para a empresa".

Nos tres días do V CISL terase dez paneis de expertos, catro obradoiros
e titoriais e outras tantas sesións plenarias nas que participarán máis
de sesenta relatores. 

Fonte: comunicado por CENATIC

Roberto BrenllaLogo tegnix pequeno

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal