Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

IFreeTablet unha alternativa ao IPad -DRM- de Apple


Como lemos en mancomun.org onte tivo lugar a presentación do IfreeTablet ainda que dita presentación non fose tan anunciada a bombo e platillo como no caso do IPad de Apple. En contra do xa famoso IPad e das tremendas restriccións que dito invento posue, o IfreeTablet permiteche acceso a internet, acceso a suite ofimática, control sobre dispostitivos domoticos,...

Imaxe do ifreetablet

Algo moi importante a resaltar é que é un productro fruto saido dun proxecto humanitario sen ánimo de lucro do grupo de investigación -EATCO- da Universidade de Córdoba, da -Fundación Rede Especial España- "FREE" e da Asociación de Entidades de Tecnoloxía de Apoio para a Autonomía Persoal (AETAP) en colaboración coas empresas de base tecnolóxica CPMTI S.L. y CIMA S.L. (Centro de Innovación Multimedia e Animación).

Na seguinte ligazón podes acceder ao dossier do IfreeTablet onde podes ollar todas as caracteristicas do mesmo.

Dende logo unha alternativa real e libre a ter a ter en conta na futura loita que se visualiza entre os distintos dispositivos -tablet- por parte de multiples compañias.

 

iFreeTablet

Se algunha vez merco un tablet, será este, de seguro! Libre, Debian e feito en España, que máis podo pedir?

Xa seremos dous!!

Eu dende que vin a nova xa ando buscando a excusa perfecta para poder mercalo :-) dende logo é unha compra redonda... axudas a unha boa causa, potencias a tecnoloxía española facendo uso do sw libre.

Sabes o malo... que a contra do que vai pasar co fuck-IPac, ou cos tables de outras compañias, o IFreeTablet non vai ter a mesma cantidade de publicidade, será polo tanto imprescindible facer nós publicidade del boca-a-boca para que se coñeza.


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal