Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Que é o Hasefroch Ollo?


Se levas tempo empregando Sw Libre xa sabes do que estou a falar. Se aínda non o sabes, poderás descubrilo lendo as seguintes liñas e entender o motivo deste artigo.

Levamos varios dias baixo un bombardeo de novas referentes á vindeira versión dun sistema operativo cativo (Hasefroch) dunha empresa monopolística foránea (Hasecorp) preparado con tecnoloxías DRM (patentadas por Alan Cox) e que vai se estender como unha praga contanxiando PCs de todo o mundo. A publicidade é así! Falar aínda que sexa mal é beneficioso... any press is good press.

Hai e haberá moita fartura de novas anunciándoo, comentando os seus grandes avances como o recoñecemento de voz amosado pola TV norteamericana OTM ou o seu innovador escritorio 3D cando con tecnoloxías libres levamos alomenos máis de tres anos de adianto (olla a presentación do Looking Glass no 2004, hoxe GPL, entre as varias alternativas dispoñibles).

Para evitar ese fenómeno de publicidade gratuita podes empregar os termos Hasefroch e Hasecorp, nados como resultado dunha aposta de dous socios de Bulma no 2002.

Poderíase explicar con humor, con máis humor, con seriedade e até tecnicamante (escribe nunha terminal a orde whois hasefroch.com porque esa páxina existe!).

Tes ampla información sobre ese novo sistema operativo cativo aquí, sobor dos perigos dos DRM aquí e tamén unha primeira análise comparativa entre GNU/Linux e o Hasefroch Ollo tes esta de Steven J. Vaughan-Nichols.

Remato, xa levo unhas horas documentándome, procurando ligazóns... para completar este artigo de pucas liñas. Agora prefiro deixar de escribir dunha vez sobre Hasefroch para aproveitar o meu tempo, adicándoo a ser feliz vivindo cos meus sistemas operativos, documentacións, imaxes... sempre libres.

Proteción de contidos

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal