Un grupo de persoas e organizacións de distintos países estan unindose para organizar unha celebración o día 11 de Novembro de 2011. A data dese día será a última data binaria deste século, 11/11/11 sendo a próxima data do seu estilo o 01/01/00 (ou 010100) no ano 2100.

Para facer honra ao gracioso que resultará ese día no calendario, decidimos facer unha reunión ese día, non para celebrar esta ‘última’ data binaria senón pola contra usando esa escusa numérica para celebrar ‘o comezo do século do Software Libre‘. Aínda que é unha celebración simbólica, non podemos perder a oportunidade de compartir este encontro sen dúbida único e que servirá para potenciar e buscar puntos comúns entre as comunidades para o impulso e desenvolvo iniciativas, difundir avances e sumar esforzos ao redor do Software Libre, expresión dunha cultura solidaria, liberadora e comprometida coa defensa dos valores éticos e liberdades fundamentais na tecnoloxía, así como o dereito de todas e todos para a apropiación social do coñecemento, a solidariedade social e o principio fundamental de poder compartir.

Ese día reunirémonos un grupo de persoas de distintas comunidades en diferentes partes do mundo para celebrar o comezo do século do Software Libre, agora (e desde hai tempo xa) cando as distribucións de GNU/Linux sen compoñentes privativos pódese usar para facer toda a nosa computación diaria, con poucas excepcións que coa axuda de todas e todos algunha vez alcanzaremos a eliminar na nosa sociedade científica e tecnolóxica que non necesita sistemas de dependencia e dominación, senón modelos novos de desenvolvemento, creatividade e posibilidades para potenciar os talentos dos nosos países.

Tamén servirá ese día para persuadir e convencer a moito máis persoas e gobernos a que se comprometan coa adopción das tecnoloxías de información libres, e a que brinden un apoio máis sostido aos activistas, desarrolladores, colectivos, organizacións sociais e comunidades do software libre no mundo, porque ‘Outro Software é posible e é Libre’ .

Xa moitos colectivos están a facelos para ese 11-11-11, esperamos que moitos máis acompañen esta celebración de forma libre e creativa nas redes sociais, canles IRC, listas, radios e medios alternativos e comunitarios, blogs e toda forma de comunicación.

O 111111, vive a liberdade de ser, crear, coñecer e compartir ‘Non faltes á cita’ Esperámoste!