Si, preocúpanos a privacidade, a exposición de datos persoais, localización, costumes, pegadas na rede… Somos espiados!

Descúlpame. Criticarei severamente a quen agora se preocupa pola súa privacidade e a quen baixa a garda ndefensa do Sofware Libre (SwL). Polo tanto, as críticas tamén me afectan.

A preocupación máis que xustificada pola nosa privacidade está comezando a elevar as consciencias do cúmulo de perigos que hai na Rede e dos inxentes beneficios que xeran a axentes intermedios. Cada vez somos máis os que presumimos de consciencia, sabemos que somos espiados. Con todo dixen literalmente ‘comezando‘ porque aínda non é maioritaria esta preocupación, tan só brotou.

Obviamos que somos triangulados pola telefonía móbil, rexistrados con cada compra con cartón de crédito, en cada peaxe de autoestrada ou, simplemente, paseando por rúas infestadas de cámaras de videovigilancia. O curioso é que esta preocupación chegue agora coas redes sociais, ese invento que algúns cren deste século.
Seguir lendo »