Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Mísiles con GNU/Linux


Lockheed Martin elixiu o sistema RedHawk Linux da empresa Concurrent para o programa de mísiles da Mariña dos EE.UU. nomeado THAAD (United States Army Theater High Altitude Area Defense).






Lockheed Martin empregará o RedHawk Linux de tempo-real nun equipo de simulacións HIL (hardware-in-the-loop) para un sistema de defensa. A simulación HIL é ...


... un produto crítico dentro dun contorno virtual que subsistitúe compoñentes por modelos matemáticos.



Segundo un dos responsables de Concurrent:


É unha honra sermos elixidos repetitivamente polos programas espaciais de Lockheed Martin. Lockheed Martin é a pioneira na liña aeroespacial e na industria da defensa cunha longa historia de excelencia tecnolóxica.

Os sistemas de Concurrent iHawk tamén empregados nestas tarefas están fornecidos por oito procesadores funcionando en simetría real e unha memoria superior a 64 GB, ideal para plataformas de simulación, adquisición de datos e solucións de control de procesos.



RedHawk Linux é compatible co sistema Red Hat e garante unha resposta perante un evento externo en menos de 30 microsegundos.



Para quen non coñece a Lockheed Martin hei aquí uns cantos dos seus produtos: Aerostat, Atlas, F-16 Fighting Falcon, Hubble, P-3 Orion, SR-71 Blackbird, U-2 Dragonlady ou Trident.




A nova e maila fonte.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal