Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Efectos 3D no escritorio da Ubuntu Dapper


Hai 15 dias publicouse unha nova con videos do Novell Linux Desktop 10 emailos seus escritorios virtuais 3D, transparencias, animacións flexibles durante o arrastre das fiestras ou innovadoras animacións ...






O secredo dos efectos visuais son a implementación de Xgl, unha arquitectura experimental de servidor X montada sobre OpenGL e glitz, tecnoloxía que algúns xa ven como o sucesor do actual Xorg.



Agora o desenvolvedor de Ubuntu Matthew Garrett anunciou na rolda de correos como facelo na Dapper, aínda en fase alfa. Para probalo sigue estes pasos:
  1. Asegúrate de ter instalado mesa, libglitz1, libglitz-glx1 e xserver-xgl.
  2. Fai unha ligazón que apunte /etc/X11/X cara /usr/bin/Xgl.
  3. Reinicia o gdm.
  4. Abre unha terminal e executa:

    compiz --replace gconf place move decoration resize minimize wobbly fade cube rotate zoom
  5. Executa gnome-window-decorator



Se é do teu agrado podes automatizalo para que executalo en cada arranque engadíndoo estas liñas no teu arquivo .xsession.



Se, ao invés, estás disconforme cos resultados acadados, podes desfacer os cambios re-facendo a ligazón de /etc/X11/X para que volva a apontar cara /usr/bin/Xorg e reinicia o gdm.



Está ben que comuniques os erros que atopes a Matthew Garrett.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal