Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

O que vimos no EnBlogs06


Onte tiven a sorte de asitir a unha amena xornada de dabates e mesas a redor dos blogues. Non puiden asistir a tódalas mesas mais ás que si fun acho que foron moi construtivas.






Cheguei para ollar o remate de Fernando Garrido con estudos sobre Como medra a sociedade blog, non só en canto a número senón no xeito que o está a facer.



Na mesa dos Dereitos de autor e marco legal en Internet estiveron Víctor Salgado e Javier de la Cueva, avogados especializados e comprometidos co Dereito de Autor. Víctor salientou que a dia de hoxe é legal a reprodución sen autorización mais dixo que isto pode trocar coa directiva proposta. Tamén salientou que xordirá un novo dereito: o de Posta en Disposición. Javier subliñou que o Dereito de Autor non é un dereito fundamental a pesares de que así no lo queiran amosar as sociedades de autores. Trátase dun dereito ordinario xordido trala industrialización da distribución do coñecemento (imprenta). Sí é dereito fundamental a Liberdade de Expresión ...


Silvia Canabal, do Grupo de Novos Medios da USC, amosounos un completo estudo dos blogues baseándose nos incluidos en Blogaliza. Manuel Pinto, da Universidade de Braga, puxo de manifesto a explosión de blogues acontecida en Portugal no 2003.



Amador Loureiro (dorfun) amosou espléndidamente como a sindicación de noticias está a xerar novos ciclos de información xa que é ela a que vén a nós.



A tarde comezou coa Creatividade dixital asociada ás bitácoras moderada por Pedro Silva e contou ademais coa participación de Berto Yáñez (www.aduaneirossemfronteiras.org e promotor de chuza.org), Catuxa Seoane (deakialli.bitacoras.com), Paulo Querido (pauloquerido.net/blogportugues) e María Yáñez (www.todonada.com e Vieiros).



Podería seguir moito máis... pero case é mellor que sigas lendo a propia páxina do EnBlogs06 xa que aí teñen ademais os materiais dos relatorios, ligazóns e contactos.



O remate, Beers & Blogs, como non podería ser doutro xeito, serviu para relacionarmos participantes e público. Noraboa á organización!

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal