Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Películas Open Source


Stray Cinema é unha comunidade online onde ti es quen de baixar e editar unha película filmada en Londres. Isto dará a oportunidade de crear a súa propia versión da película a xente do mundo enteiro. Esta será a primeira película doutras moitas que se farán.

Stray Cinema

Pero que é Stray Cinema? É unha película Open Source. É un experimento que combina a realización dunha película coa compartición de información en liña.

Polo tanto, con Stray Cinema podes crear a túa propia versión da película e até participar, de xeito competitivo mediante votación popular, na creación da versión final que será enviado aos máis prestixiosos festivais mundiais..

Por que fan isto? A información, cremos, desexa ser libre.

O proxecto ten aínda máis preguntas ca respostas, daquela animan a quen queira participar a que o faga.

Stray Cinema.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal