Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Resumo das Xornadas no Porriño


Namentres agardamos a que publiquen o artigo sobre o acontecido na Mesa 2, comento un resumo do da Mesa 3, titulada O Software Libre nas Empresas e na Administración Pública.

Mesa 3

A pesares de figurar no título a Administración Pública, non era de política (principalmente) do que se ía falar senón de migracións, experiencias e temas afíns a empresas e as devanditas administracións.

Moderaba a mesa o xa ben coñecido socio de AGNIX e responsable de Blogaliza, Pedro Silva. A participación nesta mesa foi das máis numerosas.

Melissa Braun, Coordenadora de Suporte e Redes no Ministério das Cidades en Brasilia, sinalou o lamentable fracaso acontecido aló...

... debido ás imposicións políticas e a falta de plantexamento previo. Os cargos políticos desexaban telo rematado nun prazo dun ano e a migración comezou polos escritorios. O persoal técnico adicouse a apagar incendios do persoal usuario final a pé de campo. Tras un tempo, o cargo político trocou de dirixencia e o que veu decidiu, ante tanto caos, voltar cara sw privativo e ademais pirata! Iso aconteceu durante un bo tempo ata hoxe cando, despois de lagalizar as licenzas de sw, xa comezan os novos planos para migrar nos vindeiros meses cara sw libre.

Alessandro Faria Cabelo voltou a salientar o importante que o Sw Libre é para xerar emprego endóxeno, dar solucións a medida e logo poder exportalas cara outras empresas ou concellos (prefeituras) dado que aló cada unha destas actúa de xeito independente.

Luis Bou, da empresa N-Video, contratada para retransmitir o evento via streaming, subliñou que para el foi imprescindible. A súa empresa non podería competir nin tan siquera ofertar prezos competitivos aos clientes finais se non fora por empregaren sw libre.

Marco Lima, da consultora multinacional Segula, asegura que Portugal non tería Internet hoxe se non é por Sw Libre xa que é o responsable actualment de que isto poda ser realidade. Comentou que a demanda de solucións estándares e, polo tanto, idóneas se ademais empregan sw libre, precisa de máis persoal cualificado, ás veces moi difícil de atopar. Daí que colaboren coas univerisidades e tentando ensinar que o importante é compartir o coñecemento. Alén disto detacaría a gargallada xeral do público cando comentaba que moitas veces teñen que loitar para desintoxicar a quen vén de empregar sw privativo.

Sandro Araujo salientou casos de éxito no Estado de Paraná onde aforráronse uns 42 millóns de euros no pasado 2005 ao migraren 44.000 escritorios e 100 servidores, compañías de metro e eléctrícas emailas canles educativas universitarias específicas adicadas a Sw Libre. Tamén comentou o caso de Timor Leste, onde traballou no proxecto do Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento no seu Parlamento Nacional durante o ano 2005, xa que para eles é esencial dispor de Sw libre, entroutras razóns, pola súa lingua autóctona dominada ata há pouco pola portuguesa e até a inglesa durante o seu pasado como colonia.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal