Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

O congreso do pobo para os usuarios de pago


É decir, se queres acceder ás opcións máis interesante da páxina web do Congreso dos diputados (www.congreso.es) tes a obligación de mercar Micro$oft Windows e inda por riba de utilizar Micro$oft Windows Media Player, se non, esas características novidosas de ver as retransmisións en directo non estarán ó teu alcance.



[modo irónico ON]

Supoño que esto se debe a que en plataformas non-Windows non existen programas o suficientemente bos para facer iso.


[modo irónico OFF]


O noso compañeiro ravila ven de enviar un correo ó webmaster da páxina (webmaster (at) congreso _DOT_ es) e a esta outra xente interesada:

  • servicio.informacion (at) sgral.congreso _DOT_ es
  • manuel.marin (at) diputado.congreso _DOT_ es
  • carme.chacon (at) diputada.congreso _DOT_ es
  • a.pastor (at) diputada.congreso _DOT_ es
  • jblanco (at) diputado.congreso _DOT_ es
  • ofdavila (at) diputada.congreso _DOT_ es

Se queres colaborar na iniciativa reproduce o texto integro de ravila e reenviallo a toda esa xente, e por suposto ó denfensor do pobo: registro (at) defensordelpueblo _DOT_es.

 

O Governo Español é todo de Microsoft

Outra "linda sorpresa":

http://www.mityc.es/es-ES/Servicios/OficinaVirtual/RequisitosCAs/

É decir: Para comunicarse con TODAS e CADA UNHA das institucuóns estatais españolas por internet hai que someterse e humillarse ante El Todopoderoso, El Ubícuo, El Omnipotente MIC®O$OFT WINDOW$ EXPLORE® (pai, fillo, etc.)

Penso que isto merece unha acción xeralizada, non institución por institución. Como modelo serve moi ben a carta ao parlamento proposta nesta entrada.

"Amén"

Carlos García-Rodeja

Navegadores e Estado Español

Atopeime cunha sorpresa aquí:
https://www.defensordelpueblo.es/index.asp
Non admite(en parte)o navegador que uso:Mozilla Firefox, actualizado.
Non entendo nada de infórmática, así que non sei nin que é ActiveX, pero temo que teña que ver co tema da entrada que comento.
De paso enviareille a esta institución a carta de Rafa Ávila, que xa enviei ao enderezo do Congreso de los Diputados.
Saúde!
Carlos García-Rodeja


AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal