Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

O Silicon Valley español en Vigo.


(Escrito por:Veríssimo). O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) é un proxecto que se impulsará dende o coñecemento acumulado en Galicia durante anos pola universidade e pretende liderar a partires do 2011 a investigación desenvolvida no estado e convertirse en referente europeo.



Nestes terminos expresaronse onte o Director Xeral de I+D Salustiano Mato e o Conselleiro de Industría Fernando Blanco, na presentación oficial desta nova infraestructura no campus.


O Conselleiro detallou prazos, financiamento no que colaboraran a administración, empresas, plataformas e clústers, da comunidade.


En canto a obxectivos sinalou que serán:


- Elevar o potencial investigador galego no sector das Tecnoloxías da información e da comunicación.

- Captar fondos e proxectos europeos.

- Xenerar coñecemento e formación a empresas, ademais de favorecer o retorno de capital humano.


Salustiano Mato explicou que entre as empresas participantes as que dilucidarán as liñas prioritarias de investigación están, entre outras, Telefónica, R ou Televés.



o artigo completo



So falta dicir se o proxecto vai cara ao coñecemento libre ou privativo, aínda que moito me parece que o Silicon Valley español vai cara o empaquetado do coñecemento.


É xusto, ético ou mesmo legal empaquetar o coñecemento a través de investigación financiada con fondos públicos, ousexa os nosos cartos?

Canta falta nos fai o referente político galego a prol do software e o coñecemento libres. Canto se bota de menos ao Ibarra galego.

Persoalmente o prioritario é que esté baseado no LIBRE. Así que de ser doutro xeito (empaquetado) prefiría que silicon valley do estado español migrará cara Estremadura ou outra calquera na que esto si é o importante.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal