Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Gravando o que fas no teu escritorio


Atopei a ferramenta gráfica gtk-recordmydesktop, interfaz doutra en liña de comandos nomeada recordmydesktop, que permite gravar o que fas no teu escritorio (ou partes del) de xeito moi doado.

Gravei un video para probar esta ferramenta e aproveitei para amosar graficamente o que hai que facer para instalalo e configuralo.

recordmydesktop

Neste video de probas en formato OGG compróbase que se recomenda ter configurado o MPlayer, Xine... para X11/Xshm.

Cando comeces a gravar minimizarase a fiestra do programa e para rematares de gravar só tes que premer nesa icona minimizada e agardar a que complete a construción do video uns intres (moi importante).

Aínda así, sería bo ler os tooltips da aplicación e maila sección FAQ do recordmydesktop.

Ademais semella que o proxecto está tendo un bo pulo no seu desenvolvemento, posto que en setembro do ano pasado aínda non tiñan interfaz gráfica.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal