Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

Manifesto ás novas corporacións locais de Galiza


O pasado domingo desenvolvéronse as eleccións para elexir as novas corporacións locais que han dirixir os concellos durante os vindeiros catro anos.



As entidades locais, que abranguen fundamentalmente dúas organizacións, concellos e deputacións, aínda que tamén outras agrupacións de municipios como as mancomunidades, e áreas metropolitanas son, por seren a administración máis próxima á cidadanía e polo tanto a que desenvolve as actividades máis relevantes coa súa veciñanza, parte fundamental na responsabilidade da administración pública cara aos servizos que ofrece aos seus administrados/as.



{mosimage}



Son, polo tanto, responsables directos tamén dos servizos que ofrecen empregando as novas tecnoloxías da información e comunicación como os que se derivan da administración electrónica e tamén, como non podía ser doutro xeito, na colaboración para diminuír a fenda dixital impulsando o acceso e a formación xeneralizada para todos/as.

Iso, xunto co recentemente aprobado Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información e o coñecemento do manifesto desenvolvido de xeito colaborativo na lista orglliure@llistes.softcatala.org e publicado por Toni Hermoso Pulido de softcatalá (grazas Jesús), foi o que nos levou a desenvolver o manifesto a prol dos estándares abertos e o software libre dirixido ás novas corporacións das entidades locais de Galiza.



En AGNIX estamos avaliando a posibilidade de facelo chegar por correo ordinario a todos e cada un dos 315 concellos, catro deputacións, as distintas mancomunidades de municipios, Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Administración Pública.



Animamos tamén a todos e todas aqueles que se sintan identificados co que pedimos, a cubrir e presentar no rexistro do voso concello e deputación de xeito particular, e en todos os que consideredes oportuno de xeito colectivo.



O vindeiro sábado 16 de xuño, terá lugar en tódolos concellos o pleno de investidura no que tomarán posesión dos seus novos cargos as persoas elixidas; será a partir do seguinte luns, día 18 cando poden empezar a recibir as nosas peticións.



Instrucións para a presentación polo rexistro xeral dun documento dirixido a unha administración pública.



entidades locais de Galiza.



Manifesto, que podedes modificar segundo a súa licenza.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal