Sociedade da Información sinala que
É tamén un dos primeiros do Estado. Está accesíbel a calquera navegador e permite realizar enquisas abertas, baixo convite ou mediante rexistro.Este sistema é unha aplicación web accesíbel dende calquera navegador de Internet, formada por un xestor interno e unha interface pública.
O sistema permite realizar enquisas abertas, baixo invitación ou mediante autorrexistro, ás cales se pode acceder dende unha páxina web ou a través dun correo electrónico (cun contrasinal).
Enquisas multilingües
Unha das características que diferencian este novo sistema doutros é que permite realizar enquisas multilingües, nas que o destinatario pode escoller o idioma no que quere interactuar co sistema. Deste xeito a enquisa faise internacional.
Outras novidades son a inclusión de contidos de son e vídeo dentro do cuestionario, o que a converte nunha ferramenta idónea para o sector da publicidade e do audiovisual.
Unha enquisa para todos
Segundo os seus creadores (Cidadanía Rede de Aplicacións Sociais, S.C.G.), a enquisa electrónica é ideal non só para empresas de márketing e investigación social, senón tamén para compañías que traballan no terreo da internet, así como a todas as organizacións públicas ou privadas que desexan recadar, por vía electrónica, información dos individuos incluídos nas súas bases de datos: traballadores, clientes, socios, alumnos, entidades, etc...
O sistema contou, para a súa posta en marcha, cunha axuda da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta, e foi cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
A aplicación informática foi desenvolvida integramente usando software libre e a súa implementación foi realizada pola empresa Tegnix, parceira tecnolóxica de Cidadania.
Velaquí podedes ver unha enquisa demostración, que amosa, de xeito simple, as principais funcionalidades do sistema.












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas