(Escrito por:tonio.). O sitio Rebelión.org fai un moi positiva revisión de -Damn Small Linux 4.0 (DSL)- que non aforra en alagos: A primeira pregunta que se fan os que "corren" por primeira vez unha versión de DSL é: Cabe un Sistema Operativo gráfico completo e eficiente en 48.6 Mb?
O certo é que se cabe, e que na nova versión da diminuta -Damn Small Linux- as súas desarrolladores lograron facer desaparecer toda un longo ronsel de problemas e a tamén criticada "complexidade de uso" que caracterizaban ás súas versións anteriores.
DSL 4.0 está resultando nunha variante ideal para "resucitar" vellas computadoras, utilizando o Kernel de Linux 2.4.31, moi versátil e aínda moi compatible con hardware considerado obsoleto. Agregándolle a DSL 4.0 módulos como cloop, unionfs, ndiswrapper, fuse e actualmente moi necesario MadWifi para redes inalámbricas o creador de DSL case bateu unha marca. É que da versión 3.4 á 4.0 non só realizou todas estas melloras, senón que optimizou o sistema de tal forma que a nova DSL en lugar de ter os 49.5 Mb da 3.4, agora ocupa menos espazo (48.6 Mb).













Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas