Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

iTALC


iTALC é unha ferramenta de Sóftware Libre (licenza GPL) moi útil para profesores, pois permite ver e controlar outros computadores da rede local de diferentes formas. Así, pódese:








* Ver o que está a pasar nos computadores da aula, usando o modo de vista xeral e tomando capturas de pantalla.

* Controlar remotamente computadores, para axudar aos alumnos nas súas tarefas.

* Explicar algo concreto, doadamente, xa sexa en pantalla completa ou nunha ventá. A pantalla do profesor móstrase en tódolos computadores dos alumnos en tempo real.

* Bloquear os computadores dos alumnos durante explicacións no encerado e outras situacións nas que se requira a atención dos alumnos fora do computador.

* Enviar mensaxes de texto aos alumnos.

* Facer o apagado/acendido e reinicio remoto de computadores.

* Facer o inicio e peche remoto de sesión, así como a execución remota de comandos e/ou scripts arbitrarios.

* Atender a clase dende casa: A tecnoloxía de rede de iTALC non está restrinxida a unha subrede local, e polo tanto, os alumnos poden unirse ás leccións vía conexións VPN, sen máis que instalar un cliente iTALC no computador da súa casa.

Na wiki do proxecto explícannos cómo instalar o iTALC en diferentes distribucións de GNU/Linux e window$, tanto en modo máster (computador do profesor) como en modo cliente (computadores dos alumnos), e funciona en ambientes homoxéneos (tódolos computadores con GNU/Linux ou con window$) e híbridos (algúns computadores con GNU/Linux e outros con window$).



Outras ferramentas análogas ao iTALC son:



* controlaula, aplicación desenvolvida por José L. Redrejo para o proxecto GNU/Linex, da Junta de Extremadura.

* Thin Client Manager, interesante para o control de clientes lixeiros, e desenvolvido dentro do proxecto Edubuntu.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal