Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

En Vigo


(Escrito por:Veríssimo). A audiencia provincial condena ao representante legal da empresa JYC Rivera S.L. a seis meses de cadea, multa de catro euros diarios durante un ano a unha indemnización de 3.000 euros, por un delito continuado contra a propiedade intelectual.



Segundo comunicado da propia transnacional:


"instalábanse preinstalados os programas de Windows XP Profesional e Microsoft Office sen custe adicional, dado que ditos programas non eran orixinais senón copias..."


A transnacional sinala tamén que estas accións ilegais forman parte do Plan de Protección do Cliente de Windows que recentemente iniciou a compañía.



Tendo en conta que tamén segundo palabras do director de desarrollo da Propiedade intelectual de Microsoft Ibérica, Txema Arnedo, "a metade dos españois emprega software pirata" e expresou a súa satisfacción pola condena da audiencia provincial.

Dende aquí, animaría a MicroSoft a continuar con este tipo de accións, sen dúbida das mellores para o fomento do Software Libre e do GNU/Linux.

Sen esquecer que é a propia transnacional quen tamén ten sentenzas firmes de condea ao pagamento de máis de 700 millón de euros e multas por mas de 4 millóns de euros diarios.



A nova olleina no Faro de Vigo, lamentablemente este periódico ten "terminantemente prohibido a reproduzón por calquera medio dos contidos ofrecidos dixitalmente" así que tamén pódese ollar en Vieiros e outras moitas.

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal