- - Que é GNIX-Vivo?
GNIX-Vivo é a distribución Live de GNU/Linux en galego para o pobo.
Está pensada para avalia-las posibilidades de GNU/Linux antes de ser instalado.
Consta dun CDROM autoarrincable que contén as aplicacións máis comúns:
ofimática, navegadores de internet, correo electrónico, mensaxería, etc.
Como é un CD autoarrincable non interfire co contido do disco duro,
de feito non precisa de disco duro.
Está baseada en Morphix (http://www.morphix.org) e emprega
os programas de Debian (http://www.es.debian.org)
- - Como probar GNIX-Vivo?
Descarge o ficheiro gnix-xxxx.iso, onde os xxxx son os números de versión.
E lea o paso 3 e 4.
- - Requerimentos de Hardware.
- PC compatible cun minimo de 128 Mb de memoria RAM.
- Lector de CD-ROM.
- Posibilidad de arrincar dende o CD-ROM.
- PC compatible cun minimo de 128 Mb de memoria RAM.
- - Xa descarguei o ficheiro gnix-xxxx.iso, agora que fago?
Co programa axeitado (Nero (R), EasyCD (R),etc)
faga unha copia dese ficheiro (gnix-xxxx.iso) nun CD (CDR ou CDRW) e teña en conta
que ese ficheiro é un "ISO", unha imaxe dun CD-ROM.
- - Como arrinco GNIX?
- . Reinicie o seu ordenador.
- . Prema o botón correspondente para entrar na configuración da BIOS, dependerá do modelo
e marca de ordenador que teña
- . Busque e active a opción de arrincar dende o CD-ROM.
- . Introduza o CD de GNIX.
- . Teña paciencia (tarda sobre uns tres-catro minutos en arrincar).
- . Empece a traballar con GNIX-Vivo.
- . Reinicie o seu ordenador.
- - Como configuro o teclado?
- . Non é preciso na meirande parte dos casos pero senón é así siga a ler.
- . Prema sobre a icona "Centro de Control" que se atopa no escritorio
- . Prema sobre "Escritorio"
- . No índice da esquerda busque "Rexional e Accesibilidade"
- . Escolla tipo de teclado
- . Na dereita da fiestra aparecerá unha lista de teclados, escolla o mais axeitado a súa computadora.
- . Non é preciso na meirande parte dos casos pero senón é así siga a ler.
- - Pídeme un contrasinal para facer tal cousa, que fago?
O contrasinal de superusuario ou root é:
root
- - Se reinicio GNIX-Vivo perdo os cambios?
Si, se non graba os datos nalgún lugar (disco duro, o disco USB), perderá os cambios que faga en
GNIX-Vivo. Recomendámoslle que se vai traballar con GNIX-Vivo o instale no disco duro, empregue
un dispositivo USB (pendrive), ou un disquete
- - Como creo novos usuarios?.
Poderá facelo no menú de inicio (icona "K" embaixo-esquerda do escritorio), menú Sistema e seleccionando
usuarios e grupos.
- - Que programas ten instalados?
GNIX-Vivo ten instalados os programas que aparecen o pulsar sobre a icona "K" a esquerda,
embaixo do escritorio.
Nesa icona están organizadas as aplicacións máis comúns, premendo sobre "Debian" aparecerá
unha lista completa.
- KDE-3.2.2
- Evolution-1.4
- Mozilla-Firefox-0.8
- Gnomemeeting-1.0
- K3b
- Mplayer
- Xine
- ...
Unha pequena lista:
- KDE-3.2.2
- - Por qué empregades KDE e non GNOME coma escritorio?
Por dúas razóns, a primeira por que KDE ofrece unhas grandes posibilidades visuais,
é un entorno moi completo, a segunda por que a traducción do KDE ó galego está moi
avanzada, cun grupo moi activo detrás (Trasno).
- - Como podo instalar programas co GNIX-Vivo?
Non recomendamos a instalación de programas o tratarse dun CD-Vivo, se o desexa existe
no Centro de Control a ferramenta "Software".
- - Teño entendido que KDE ten o seu paquete ofimático,¿por qué non o empregades?
Actualmente Koffice está en desenvolvimento activo, lonxe das posibilidades que nos
ofrece OpenOffice.org
- - Non funciona o plugin de java no navegador.
Precisará descargar o Java dende:
http://java.sun.com/j2se/1.4.2/download.html
- - Quero instalar GNIX-Vivo no disco, como o fago?
GNIX ten a ferramenta "morphixinstaller" atópase no Escritorio, no Centro de Control.
- - Por qué a versión de GNIX empeza por 0.xx.xx?
A pesares das probas feitas, GNIX-Vivo pode conter unha serie de erros ( documentación incompleta,
traduccións pendentes e outros posibles ), que non nos permiten poñerlle a etiqueta de GNIX-Vivo versión
"estable"... pero estamos nilo.
Actualmente GNIX está en fase beta. Por iso apreciámo-la súa axuda, comentarios,
suxerencias e críticas... e, como non, a túa axuda en calquera campo.
- - Atopei un erro, que fago?
En AGNIX temos un sistema de reporte de erros. Para empregalo siga os seguintes pasos:
- Rexístrese na web
- No meu persoal persoa seleccione "Reporte de Erros".
- Prema na ligazón "Add new task"
- Rexístrese na web
GNIX
Enviado por administrador en Lun, 15/11/2004 - 11:46.












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas