Dende hai algún tempo vimos falando coa comunidade brasileira do BrOffice.org de establecer unha canle permanente de colaboración para o apoio e desenvolvemento do OpenOffice.org (BrOffice.org no Brasil) en concreto e doutras en xeral.
A comunidade do BrOffice.org leva algún tempo traballando no desenvolvemento do Zine, unha revista dixital na que, a través de diferentes seccións, tentan achegar o paquete de oficina a usuarios particulares e ao mundo da empresa e administración.
{mosimage}
O interese manifestado polos colegas do Brasil en poder dispor do Zine noutras línguas, xunto co esforzo feito por mancomun.org en poñer ao noso alcance este paquete de oficina, foi o que nos animou a iniciar o traballo da tradución do Zine 1 en galego.
Conscientes de que para moitos de nós o portugués xa de Portugal ou do Brasil e unha língua que non supón demasiado esforzo de comprensión, mais ilusionados polo feito de que este traballo poda servir de alicerzamento dunha relación que ten que dar moitos máis froitos, desenvolvimos o traballo e moi pronto, coa axuda dunha equipa que xa leva tempo traballando, o número 2 e seguintes.
Ao mesmo tempo que a edición en galego do Zine 1, os colegas do BrOffice.org publican o número 6 adicada ás Comunidades e na que Galicia fai a súa primeira aparición no Zine a través do artigo de Roberto Brenlla "Construindo pontes á irmandade"

A nosa seguinte meta é chegar a editar nós mesmos, coa colaboración das xentes do BrOffice.org a edición galega do Zine, e ao mesmo tempo seguir aparecendo na edición brasileira. Para iso dende aquí invitamos á colaboración e participación de tod@s @s que o desexen.
Agradecementos: á lista broo-clipping do BrOffice.org, especialmente a Claudio F. Filho e Virgínia Rodrígues, e a Javier Alonso, Mar Castro, Rafael Ávila, Iolanda Alonso, Xurxo Álvarez, Juan López Sánchez, espero que non se me esquecera ninguén.
E en xeral: grazas a tod@s.












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas