Se non podes asistir á conferencia de Richard M. Stallman na Coruña (luns, 2 de maio ás 11 hs na Facultade de Informática, Campus Elviña) aínda o poderás ver grazas á transmisión Multicast realizada polo Servizo de Rede e o Servizo de medios audiovisuais da Universidade.
Para poder velo necesitarás o programa VLC, software libre baixo licenza GPL.

Unha vez aberto, tes que ir a "File / Open Network Stream ..." e no oco MLR (Media Resource Locator) pon:
Lembra que a transmisión é Multicast. Se o prefires tamén tes a posibilidade de seguir unhas pantallas de axuda (wizard).
Tralo dia en Coruña pasará medio dia en Santiago ...
..visitará o CESGA e terá o tempo xusto para pasear pola cidade e comer con amigos de software libre antes de partir cara Madrí arredor das 16 hs.
Pero volverá axiña! Para o 8 de xuño deste mesmo ano participará en e-Galaecia e nun acto na ETSE.
A raíz da adicación exclusiva que moitos socios de AGNIX daremos á súa estadía, case podes garantir que non haberá novas nesta páxina ata o vindeiro mércores dia 4 de maio.












Comentarios recentes
hai 8 semanas 4 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 2 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 9 semanas 3 días
hai 10 semanas 2 días
hai 10 semanas 4 días
hai 13 semanas 7 horas