Saltar navegación.
Entrada
Nome
Contrasinal
Contrasinal?
Rexístrate!
non ao ooxml
   
   

UTF-8 domina a web


Decembro de 2007 foi o primeiro mes da historia, segundo sinala Google [1], no que o UTF-8 [2] foi identificado como a codificación de carácteres [3] (character encoding) máis utilizado na web, ultrapasando o US-ASCII e Latin-1/Windows-1252 (o famoso ISO8859-1), os máis populares ata ese intre.
[4]

 

GPL vence a Skype


Segundo sinala o titular da fonte desta nova [1], "The GPL wins in Germany - again" (A GPL gaña en Alemaña - de novo), referente ao caso Skype vs. GPL-Violations levado adiante por Harald Welte. O anuncio [2] de Welte aclara o resultado final, comentando o moito que custou sacala adiante.

 

Micro$oft camiña cara a suspensión de pagamentos?


Pois segundo semella a coisa non anda nada ben. Por unha banda declarou un potencial de débeda de 4,1 millóns de dolares ao SEC, por outra a UE aínda non veu o primeiro céntimo de euro do total de cerca de 1.700 millóns de euros de sancións, algunhas delas xerando xuros dun par de millóns de euros diarios.

 

Propietario ou Privativo?


Un dos erros máis estendidos á hora de diferenciar o Sw entre Libre (aínda que xuntemos eiquí ao de Código Aberto non 100% libre) e os demais é nomear a estes últimos como Sw Propietario.

Entón, que quere dicir isto? É que o SwL NON ten propietarios? Ah, si teñen propietarios, houbo alguén que o fixo e o segue a facer. Se é así, daquela son os dous Propietarios? Os dous recoñecen o Dereito de Autor. Que hai de errado nisto? Realmente o único errado é xustamente o sentido que lle pretende dar o seu uso habitual pola sociedade.

 

O software libre aforra 60.000 millóns de dólares ao ano


Segundo un estudo, as empresas de software privativo perden uns 60.000 millóns de dólares por causa do software libre. Nun acertado titular que da volta á tortilla, son as empresas quenes se aforran estes custes.

Alguén dubida que o software libre é o fututo? Instalar Ubuntu xa non é para especialistas. Só queda que as Administracións deixen de escravizarse co software privativo e aposten decididamente por esquencerse do anacronismo das "licencias de software".

 

SwL no III Dia do emprendedor


O III Día Galego do Emprendedor celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Nesta edición afóndase nun novo e paradigmático modelo de negocio, o software libre, cun amplo itinerario no que distintas empresas explicarán como basean os seus negocios nesta tecnoloxía.

O software libre presenta importantes vantaxes para as pequenas e medianas empresas: a independencia tecnolóxica, o acceso ao código fonte, ilimitada capacidade de adaptación, comunidades de soporte, repositorios de programas, transferencia de coñecemento…

 

Titorial de CentOS


CentOS [1] (Community ENTerprise Operating System) é unha versión gratuita do Red Hat Enterprise [2], xerado a partir do código fonte, elimando calquera rastro gráfico da RHEL e mantido de forma bastante competente por un grupo de desenvolvedores e voluntarios. Basicamente é unha versión gratuita do RHEL con excelente histórico de seguridade e cunha boa estrutura de suporte comunitario e atualizacións que a converten nunha distribución GNU/Linux moi popular para servidores web e contornas empresariais.

 

GnomeArt NG, deixando Gnome personalizado


Con GnomeArt NG poderás personalizar o teu Gnome con poucos clics trocando fondo do escritorio, temas, splash, xestor de entrada GDM...

Gnome-Art Next Generation 0.5.0 é o sucesor de Gnome-Art.  Aínda que estea nas súas primeiras fases de desenvolvemento, a aplicación semella cumprir perfectamente a súa función.
Tes a páxina oficial [1], a do proxecto [2], pantallas [3], zona de descargas (binarios 'deb', código fonte) e maila fonte [4].

asennadas [5]

[1] http://gnomeartng.berlios.de/
[2] http://developer.berlios.de/projects/gnomeartng/

 

Publican en Portugal un novo CD de 'software livre na escola'


Anuncian a publicación en liña da 2ª edición do CD Software Livre
na Escola (2008). Trátase dun proxecto da Direcção Geral de Innovação e
Desenvolvimento Curricular do Ministério da Educação portugués que foi
elaborado pola Equipa Computadores, Redes e Interner na Escola e contou
co apoio da SUN microsystems Portugal.

 

Subversion + HTTPS sen usuarios reais


Óscar Casal [1] vén de publicar un artigo [2] titulado "Howto subversion + HTTPS sen usuarios reais no sistema e diferentes permisos para un mismo proxecto segundo o usuario" no que adxunta un ficheiro PDF no cal está un manual sinxelo para configurar subversion vía HTTPS sen usuarios reais no sistema e coa posibilidade de ter diferentes permisos segundo o usuario que sexa, para un mesmo proxecto.

Requerimentos previos: Apache correndo con HTTPS configurado

A instalación foi feita sobre unha Ubuntu Dapper TLS.

O ficheiro PDF [3].

[1] http://glug.es/blog/15

 

AGNIX (2004-2008) - Algúns dereitos reservados.
AGNIX non se fai cargo dos comentarios verquidos, xa que son de responsabilidade exclusiva do seu autor.
A maquinaria é Drupal