A Universidade venezolana Simón Bolívar ofece un curso de Software Libre

O curso en Software Libre busca motivar aos seus participantes na creación de Comunidades de Desenvolvemento que fomenten o desenvolvemento de Sistemas de Información Libres en Venezuela. Sobre os obxectivos do curso, Kenyer Domínguez, profesor do Departamento de Procesos e Sistemas da USB e Coordinador do curso, comentou: "O curso de Software Libre foi desenvolvido co fin de proporcionar un amplo coñecemento da filosofía, tecnoloxía e conceptos fundamentais do Software Libre, permitindo incorporar este modelo de negocio dentro das organizacións e empresas. Ademais, permite potenciar o Software Libre como unha nova forma de entender o desenvolvemento tecnolóxico, impulsando á creación no país de Comunidades de Desenvolvemento de Software Libre". Está dirixido a estudantes universitarios, técnicos medios, técnicos superiores e/ou profesionais que desexen adquirir, fortalecer e/ou ampliar coñecementos na área do Software Libre, co obxectivo de dirixir, analizar e participar en proxectos de Software Libre de ámbito empresarial nacional e internacional. O participante coñecerá o modelo de negocio de Software Libre, metodoloxías, fundamentos e desenvolvemento do mesmo, permitíndolle ter unha perspectiva cara a novos desenvolvementos para liderar proxectos de desenvolvemento e implementar sistemas para o control de procesos e información baixo Software Libre.

Plan du site