A Xunta sigue xogando co Sw libre (agora si, agora non, agora si…)

Unha vez máis o presente goberno da Xunta de Galicia sigue facendo ese dobre xogo de apoiar ao sw libre e por outra banda reportar grandes cantidades de diñeiro ao imperio-dictador de Redmond. Desta volta e dados os magníficos tempos de opulencia e superhábit económico no que vivimos a Xunta decidiu contribuir a seguir aumentando a recaudación dunha empresa extranxeira polo pago duns royalties que lle otorgan o permiso de (só) usar unha suite ofimática. A adxudicación vai de man de ‘Augas de Galicia’ que pagou 66.552 euros para o uso e disfrute dos seus traballadores dun coñecido (cada vez menos) paquete ofimático. Así mesmo a adxudicación foi feita como se debe facer… a dedo que así non quedan dubidas de ningún tipo. (Será o pago de favores pasados¿?¿?¿?) É unha mágoa que a Xunta non aposte definitivamente polo uso de Software Libre, aposta que supoñería un gran aforro no pago de royalties polo simple uso de aplicacións informáticas, en tanto en canto hoxe por hoxe hai alternativas libres a esas aplicacións caras e privativas, dinamizando ademáis o maltratado texido informático Galego. Para rematar e non caer na estupidez de tirar os cartos como fan os (des)gobernantes de Xunta convidovos a probar e usar LIBREOFFICE -A suite ofimática libre por excelencia- En mancomun.org non fai moito tempo escribiron un artigo avalando a calidade desta suite ofimática.

Plan du site