Baleas, golfiños… e Software Libre

Publicado el : 18 julio 20182 tiempo de lectura mínimo

Probablemente a abafadora maioría estaremos de acordo coas actividades de Greenpeace na defensa das baleas, golfiños e a natureza en xeral. Admiramos a súa valentía e adicación porque, a pesar de beneficiarse toda a Humanidade, non todos facemos o mesmo: loitar pola defensa do ben común con tanta enerxía.

Evidentemente a outro nivel, pero igualmente en beneficio da Humanidade, é a enérxica defensa que facemos do Software Libre.

Para algunhas persoas é difícil comprender a intensidade e insistencia da nosa defensa. Difícil tamén é entender como unha lancha enfróntase a enormes barcos baleeiros.

É posible que, a pesar de apoiar tacitamente a loita de Greenpeace, esteamos cometendo erros tan evidentes como empregar o noso propio vehículo no canto de transporte público ou merquemos sen prestar atención algún produto de perfumería que conteña graxa de balea (*). O que non faremos será escusarnos por iso ante integrantes de Greenpeace. Sería estéril, non aceptarían ningunha das nosas escusas. É obvio.

Plan du site