Unha das razóns de ser do software libre é axudar ao crecemento dos países en vías de desenvolvemento, axudándolles a acceder ás novas tecnoloxías sen necesidade de ter o último modelo de computador o de malgastar os cartos en (a parte de empregar a cegas) software privativo.
Neste sentido, en contraposición ao software libre, temos o « despilfarro libre »: Esta « moda » do « capital-consumismo extremo » no que vivimos, de bater, « cociñar » no forno de microondas, dispararlle, etc. a trebellos novos, nada máis sacalos da caixa. Milleiros de persoas morren de fame todos os días mentras estes (insire aquí o teu insulto preferido) funden centos de euros en cuestión de segundos para « pracer » dos (insire aquí o teu segundo insulto preferido) que « patrocinan » este sinsentido vendo os vídeos.
Sei que isto pode parecer unha hipocresía pola miña parte, pero unha cousa é vivir nunha sociedade capitalista na que mercamos cousas que « creemos » necesitar e non só as que verdadeiramente necesitamos, e outra é esa demostración despiadada de falta de solidariedade.
Nota: Que conste que esta é a miña opinión e non, nesariamente, a de Agnix.
Asdo:
Jorge Álvarez
- Engadir novo comentario.
-
Pode ser a opinión de calquera…
Enviado por Anónimo en Mar, 29/06/2010 – 13:03.Pode ser a opinión de calquera que teña un pouco de sentido común, eu persoalmente non dúbido en asinar ao teu lado (Raúl Martinez -de Viveiro-) un apunte sobre os videos; ainda que o seu obxetivo é burlarse de Apple de algunha forma están a facer o contario, dado que directamente lle están a facer propaganda ademais de ter que pagar as arcas de Apple a compra do aparello a destruir (a Apple dalle o mesmo que o teñas entre algodóns que o destruas cun rifle, así que na miña opinión pouco aportan. Por certo o ‘cazador’ do rifle é bastante maliño eh, deulle nuha esquina ao cacharro… case case case e ten que repetir 🙂