Hoxe decídese o Principe de Asturias á Cooperación internacional.

Hoxe, 8 de xuño decídese finalmente o gañador do premio internacional Principe de Asturias á Cooperación internacional, ao que opta o Software Libre que chegou como finalista xunto con Ela Bath confundadroa do Banco Mundial da Muller e Bill Drayton fundador e presidente da asociación de emprendedor@s sociais máis grande do mundo. Particularmente creo que o Software Libre é ben merecedor de recoñecementos públicos, por multitude de razóns sobradamente coñecidas. Mais se premios como este poden servir de pulo social sempre necesario, tamén é necesario lembrar que exactamente este recoñecemento recaiu no ano 2006 na fundación Bill e Melinda Gates, segundo o xurado «polo exemplo que representan de xenerosidade e filantropía ante os males que asolan o mundo» e segundo eu por aportar migallas a cidadans aos que antes somete. En fin, sempre están ben os recoñecementos mais…

Plan du site