Xornadas abertas sobre Software Libre

Como parte da promoción da V edición do Master de Software Libre no vindeiro setembro celebranse as Xornadas Abertas sobre Software Libre, organizado por Igalia e a Universidade Rey Juan Carlos. As Xornadas, desenvolveranse os venres pola tarde e sábados pola mañá os dias 9-10, 16-17 e 23-24 coa participación de colaboradores de diveras áreas trataranse diferentes temas relacionados co software libre. Tendo o carácter de abertas, polo tanto, de punto de encontro entre antigo e novo alumnado do Master e tamén de intercambio entre profesionais e simpatizantes. O evento será no edificio da obra social de Novacaixagalicia que colabora na organización do envento, na rúa Policarpo Sanz, 24-26 Vigo. A entrada é de balde mais, para ter previsión do aforo, dende a organización solicitan a inscripción por correo a mswl@igalia.com facendo indicación dos días, ou neste formulario Xa teñen a axenda de poñentes definida, que podedes ver xunto con máis información aquí

Plan du site