FB ou Google+? Cuestión de estilos
Anhelaba fuxir de FB e de momento só vou deixalo baixo mínimos. Voume porque estiven sempre moi desgustado co nulo control que tiña sobre os meus datos, o mercadeo que facían deles, a participación de M$ no seu accionariado, a recente actualización dun binario chamado Skype tras ser mercado por M$ que, loxicamente, aliouse con FB… Paro de envelenarme. Coidei a miña participación porque sabía que fuxiría. Por que? Por unha cuestión de estilos.
Si, por suposto, preferiría que o substituto do FB fose Diaspora, gNewBook ou calquera outro libre. activei contas nalgúns proxectos libres e sería unha gran alegría que algún destes eles puidese alcanzar non xa unha suficiente eficiencia tecnolóxica senón o segundo e decisivo parámetro na valoración dunha rede social: o número dos seus integrantes.
«Pensa o ladrón que todos son da súa condición» ou todas «nadan nun mar de quenllas«. Se cadra por iso ou polo simple (e nada desdeñable) feito de ser gran empresa, métese a Google no mesmo saco que M$, Apple, Oracle… Prefiro ser inxenuo e non facelo. A ver.