F*EX

Grazas a Miguel Bouzada enterome da existencia dun servizo denominado F*EX (Frams’ Fast File EXchange) F*EX é un servizo para enviar ficheiros enormes dun usuario A a un usuario B. O modo de funcionamento é o seguinte: O remitente (vostede) carga o ficheiro no servidor F*EX e o receptor obtén automaticamente unha notificación vía correo cun enderezo URL para descargalo. Despois de descargalo ou tras 5 días o servidor elimina o ficheiro. Podes acceder ao servizo dende o seguinte enlace: F*EX (galego) Unha boa nova, a existencia deste tipo de servizos.

Plan du site