HTML5 -Comparando navegadores-

Publicado el : 18 julio 20183 tiempo de lectura mínimo

Grazas a un enlace deixado por Amador Loureiro puiden acceder a seguinte web: http://html5test.com/ a cal fai un análise sobre as capacidades do navegador web que estas a usar nese intre para a xestión dos novos elementos que introduce a versión 5 de HTML. Eu son principalmente usuario de dous avegadores como son Firefox de Mozilla (o rei :-P ) e Chrome de Google, pero neste caso tamén quero ter enconta ao IE8 de MS.

Para que non haxa distinticións de ningún tipo e dado que IE8 só se pode executar en Windows, vou usar como plataforma para comparar os navegadores citados un Windows7 professional virtualizado sobre VMWare Player nunha Ubuntu 9.10 (x64).

Resultados:

A avaliación faise sobre 160 etiquetas, polo tanto os resultados poden variar desde os 0 puntos (desastre absoluto) ate os 160 (sobresainte).

Mozilla Firefox versión 3.6.3 : alcanza os 101 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 12/12
    • Video: 25/30 , aquí podemos ollar o feito de que non da soporte ao codec H.264
    • Audio: 20/24
    • Geolocalización: 5/5
    • Storage: 8/8
    • Offline Web Applications: 8/11.
    • Workers: 6/6
    • Section elements: 0/7 , dfiasco absoluto.
    • Goupring content elements: 0/2 , fiasco absoluto.
    • Test-Level semantic element: 0/5 , fiasco de novo.
    • Forms: 1/27 , de novo neste punto a implementación de html5 é moi baixa, por non decir nula.
    • User interaction: 12/19

Chrome de Google versión 4: alcanza os 118 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 12/12
    • Video: 30/30 , google sí fai uso do codec H.264 -flaco favor lle fai con isto ao futuro da web-
    • Audio: 20/24
    • Geolocalización: 0/5, fiasco absoluto.
    • Storage: 4/8
    • Offline Web Applications: 3/11 , non da soporte as web SQL DataBase.
    • Workers: 6/6
    • Section elements: 7/7
    • Goupring content elements: 2/2 .
    • Test-Level semantic element: : 4/5
    • Forms: 14/27
    • User interaction: 12/19

IE8 de MS : alcanza os 19 puntos sobre 160_

  • Por seccións_
    • Doctype: 4/4
    • Canvas: 0/12 , fiasco absoluto.
    • Video: 0/30 , fiasco absoluto.
    • Audio: 0/24 , fiasco absoluto.
    • Geolocalización: 0/5 , fiasco absoluto.
    • Storage: 8/8
    • Offline Web Applications: 0/11 , fiasco absoluto.
    • Workers: 0/6 , fiasco absoluto.
    • Section elements: 0/7 , fiasco absoluto.
    • Goupring content elements: 0/2 , ffiasco absoluto.
    • Test-Level semantic element: 0/5, fiasco absoluto.
    • Forms: 0/27 , fiasco absoluto.
    • User interaction: 7/19

Vistos os resultados podo concluir que o navegador con mellor interación cos novos elementos que presetna html5 é Chrome de Google, seguido moi de cerca de Firefox, e moi moi pero moi lonxe aparece IE8 de MS.

Se usades outros navegadores e queredes compatir os vosos resultados éstes serán benvidos.

Plan du site