Agnix Returns

¡¡Por fin estamos de volta!! Pois si, en agnix estamos de noraboa porque de novo agnix.org volta a estar funcionando. Foron diversas as causas que provocaron que a web da asociación estivese off-line todo este tempo, un cambio de hosting, un cambio na plataforma, un cambio no CMS, unha restructuración interna coa creación dun ‘grupo de traballo web’ estable, grupo de asesoramento e consulta, etc, etc, etc… Afortunadamente, agnix é moito máis que unha web, os membros da asociación todo este tempo que a páxina estivo caida seguimos traballando a prol do software libre, facendo camiño para que a sociedade do coñecemento deixe de ser unha utopía e se convirta nunha realidade. Nesta nova etapa, a nosa web servirá principalmente para dar a coñecer as diversas actividades que leva acabo a asociación, así como para poñer en relieve aquelas novas mais salientables dentro do universo FLOSS. Antes de rematar o artigo, quero agradecer en nome de tod@s @s soci@s de agnix o excelente e colosal traballo feito polo ‘grupo de traballo web’ formado principalmente por Victor, Amador e Alberto, ¡¡¡¡Mil grazas compañeiros!!!! . Seguimos en pé, seguimos loitando con máis forza, somos máis, estamos de volta e viñemos para quedarnos…

Plan du site