sudo apt-get install popularity-contest
A aplicación execútase periodicamente de xeito transparente ao usuario empregando o servizo cron.
Podes comparar os resultados en Ubuntu e Debian clicando nas ligazóns pertinentes.
Diferenzas entre quen usa Ubuntu e Debian
Por se non imaxinas xa os resultados, velaquí unha tradución libre do artigo de Slashdot:
Vai dunha
…ollada ás estadísticas dos proxectos Popularity Contest (n.d.r. deixo a ligazón ao README do arquivo colgado por Debian, idéntico ao colgado por Ubuntu)en Debian e Ubuntu. Estes proxectos rastrexan a baixada e actualización de quen usa as súas distribucións, revelando -ningunha sorpresa aquí- que os usuarios de Ubuntu semellan máis newbies cós de Debian. Os números revelan, por exemplo, que o 86% das máquinas Ubuntu empregan o controlador privativo NVidia, onde só acontece de xeito circunstancial nas máquinas Debian. Así mesmo, quen usa Debian é máis ecléctico na súa elección de software e das opcións que veñen por defecto. O artigo remata coa ollada aos límites que as conclusións poden debuxar de estadísticas como estas.
Podes instalar ese paquete para axudares á mellorar ás distribucións Debian/Ubuntu: