Trisquel GNU/Linux 3.5, nome en clave Awen está lista. Esta nova versión baseámola en Ubuntu 9.10, é por suposto totalmente libre, e inclúe máis aplicacións, mellor soporte multimedia, máis traduccións e unha configuración máis rápida. Nesta edición empregamos o sistema de ficheiros Ext4 para a partición raíz, e XFS para a dos usuarios, obtendo un bo equilibrio entre velocidade e usabilidade. Algunhas das novas características máis destacadas son o menor tempo para o arrinque e a función para cifrar o directorio persoal.
Lanzamento da distro Trisquel 3.5 Awen
Grupo PHP-Galicia
Dende agnix.org queremos dar a coñecer a creación dun grupo denominado PHP Galicia con ámbito en todo o territorio galego. En estes momentos o grupo esta en proceso de construcción total, polo que todos aqueles programadores e aficionados a programación que desexen compartir inquietudes, coñecementos, busqueda de sinerxias, colaboración en futuros proxectos,… que non dubiden en poñerse en contacto co grupo.