Xa podes descargar a flamante e nova versión de Ubuntu, neste caso a denominada 10.04 LTS tamén coñecida como Lucid Lynx.  Para descargar a versión de escritorio podes facelo dende aquí (web oficial de Ubuntu), podendo escoller entre 32bits e 64bits.

Así mesmo podes descargar a vesión para notebooks denomidada Netbook Edition para descargala podes facelo dende aquí.

Por último tamén podes descargar a versión para servidores denominada Ubuntu Server e de igual forma para descargala podes facelo dende aquí.

Por outra banda se prefires instalar algunha das versións derivadas de Ubuntu como pode ser Kubuntu (Ubuntu+KDE), Xubuntu (Ubuntu+XFCE), Edubuntu, Ubuntu para ARM, Ubuntu MID Edition podes facelo dende aquí escollendo a versión derivada que che interesa, concretamente para descargar Kubuntu este é o enlace.

Pois agora só queda instalalo e empezar a disfrutar do sistema operativo do futuro no presente. A libertade tecnolóxica está a un só ‘click’ de rato.