Despilfarro libre

Unha das razóns de ser do software libre é axudar ao crecemento dos países en vías de desenvolvemento, axudándolles a acceder ás novas tecnoloxías sen necesidade de ter o último modelo de computador o de malgastar os cartos en (a parte de empregar a cegas) software privativo.

Neste sentido, en contraposición ao software libre, temos o “despilfarro libre”: Esta “moda” do “capital-consumismo extremo” no que vivimos, de bater, “cociñar” no forno de microondas, dispararlle, etc. a trebellos novos, nada máis sacalos da caixa. Milleiros de persoas morren de fame todos os días mentras estes (insire aquí o teu insulto preferido) funden centos de euros en cuestión de segundos para “pracer” dos (insire aquí o teu segundo insulto preferido) que “patrocinan” este sinsentido vendo os vídeos.

Sei que isto pode parecer unha hipocresía pola miña parte, pero unha cousa é vivir nunha sociedade capitalista na que mercamos cousas que “creemos” necesitar e non só as que verdadeiramente necesitamos, e outra é esa demostración despiadada de falta de solidariedade.

Nota: Que conste que esta é a miña opinión e non, nesariamente, a de Agnix.

Asdo:

Jorge Álvarez