Steam- correrá baixo GNU/Linux
Esta é unha boa nova para todos aqueles que gustan dos xogos dende o ordenador. Parece que a sequia de xogos comerciais para a plataforma GNU/Linux pode tocar o seu fin e todo grazas a -Steam- varios medios de difusión facianse eco fai uns dias de que probablemente esta plataforma de xogos estivese dispoñible non só para Mac OS X senon que tamén estivese dispoñible para GNU/Linux, pois ben, todo parece apuntar que así será e -Steam estará dispoñible para Linux- son varios medios de comunicación (TheInquirer, muylinux, bitelia, ... ) que xa o dan por feito; mesmo en Phonorix nos apuntan que se o desexamos en este ficheiro temos todo o necesario par instalar un cliente nativo de Steam para Linux, podendo tamén buscar máis axuda neste foro.
Agora so falta que Valve a empresa que desenvolve -Steam- o faga realmente oficial e lance as primeiras versión do cliente Steam-Linux.
Máis información sobre -Steam-
Acordo de suscripción con -Steam- onde podemos ler que dista moito da filosofía do FLOSS; ainda así de momento parece ser a única alternativa para xogos comerciais baixo GNU/Linux.