Google comezou a substituír o uso interno do sistema operativo Windows(M$) por motivos de seguridade. Esta información transcendeu de varios empregados de Google. E é que o motivante principal foi os recentes ataques que sufriu a compañía de parte de hackers chineses, o que desemboco nun conflito co goberno chinés e a súa posterior saída do país.

A directiva para pasar a outros sistemas operativos comezou en xaneiro, despois de que as operacións de Google en China foron cortadas, e que efectivamente podería pór fin á utilización de Windows, en Google, que emprega a máis de 10.000 traballadores a nivel internacional. A principios de xaneiro, aínda se lles permitía instalar a algúns novos empregados o sistema operativo Windows
nas súas computadoras portátiles, pero non nas súas computadoras de escritorio.

Os novos empregados teñen agora a opción de usar as computadoras de Apple Mac ou PC con sistema operativo Linux. “Linux é de código aberto e sentímonos ben con el”, dixo un.  Se un empregado quere conservar Windows debe ter unha autorización de ‘alto nivel’, e se quere conseguir unha computadora nova con Windows necesita unha aprobación CIO (O equivalente a un Xerente de Sistemas).