Un día deume por probar unha derivación de Android. Tiven que rootear o meu teléfono para descubrir novas versións derivadas: Cyanogen(mod), Pinky Desire, NeoPhyTe, AuraxTSense, CoolAceS, CoolSagaS, MIUIEs e agora un LeeDroid.

Non me pidas que che diga cal me gusta máis porque case seguro que direi que a actual. Non quero entrar en se unha é un chisco de décimas máis rápida ou que permite tal ou cal funcionalidade. E que máis dá! O que importa é que temos coñecemento aberto, compartido, libre… ao que logo lle agregamos capas de aplicacións, lamentablemente pechadas a maioría