openoffice.org, achegamentos

Despois diversas conversas dos ultimos dias, tiven curiosidade sobre o proceso de compilación de openoffice.org. Como son un moi respetuoso seguidor das boas vellas tradicións, pois baixei as fontes do pacote da distribución, e lancei o proceso de compilación. Despois, unha vez feito este, virá o traballo “mais na fronteira” de baixar as fontes dende os repositorios do upstream. Pero eso será despois. E, mentres agardo, comecei a fedellar nas “cousiñas” habituais ás que nos teñen acostumados os empaquetadores desta e doutras aplicacions: cambio de imaxes, letreiros, opcións de compilación… “tuning”, en resumo. Vou apuntando as guias e os rastros, como sempre, na libreta de ligazóns. Nove horas despois de comezar, eis os mais de 400Mb de binarios compilados e listos para instalar. Primeiro chanzo! O seguinte: descargar as fontes dende download.openoffice.org, e facer os binarios.

Plan du site