VII GUADEC-ES na Coruña

Este ano a VII GUADEC-ES organizarase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña os días 22 e 23 de xullo de 2010. Esta ediciónestá organizada por GPUL e GNOME Hispano. Esta 7ª edición da GUADEC Hispana ibase a realizar por primeira vez en latinoamérica sendo Chile o país organizador, pero os acontecementos acaecidos debido ao devastador terremoto obrigaron a buscar un cambio de sede. Así que finalmente a organizaremos dende GPUL na Coruña a todavelocidade. Esperamos que este evento teña interese para a comunidade Galega de Software Libre e se poidan mostrar en GUADEC-ES os traballos que seveñen realizando pola comunidade Galega. Remitovos a petición de contribucións e pidovos que lle dedes difusiónao evento. Pronto abriremos o periodo de inscrición.

Plan du site